Alcalde Ramón Souto

Ramón Souto, 80 anos desde que a besta fascista decidira  fusilalo cando a Xaime Quintanilla no Castelo de San Filipe en Ferrol, aínda está agardando que se recoñeza e honre a súa memoria no veciño concello de Fene. E iso 41 anos após da fin da ditadura franquista e 9 anos da Lei da Memoria Histórica. É hora, pois, que se repare este feito e que a súa memoria sexa reivindicada ante a sociedade polo pleno e o seu goberno.
Por riba de calquera outra consideración unha sociedade que se considere enraizada nas conviccións democráticas non pode agachar o sacrificio e a valentía de moitos dos seus cidadáns. E debe transmitírllelo ás xeracións máis novas para evitar que se repitan situacións parecidas. Velaí o significado e a oportunidade da moción presentada polo concelleiro do grupo de Somos Fene, Xoán Manuel Bastida, reivindicando a figura do mártir e propoñendo que se lle dedique unha rúa.
 

Alcalde Ramón Souto

Te puede interesar