GRANDEZA

Din que os “delirios de grandeza” nacen da necesidade de agochar a propia pequenez ou debilidade. Algo diso debe acontecerlle ao noso Ferroliño que de cando en veces soña con grandezas propias doutras cidades e doutras circunstancias. Un día levántase un arco triunfal, como o da Porta de Alcalá en Madrid; outro día fálase de facer un “boulevard” como os de París; e agora imos proxectar a “Súper Manzana”, para competir con “Nueva York”, seica.
Coido que na nosa cidade imos camiño de nos converter en campións dos desatinos. Desfacemos para facer, ou facemos para desfacer, nunha sementeira de cartos sen xeito nin control, querendo ser máis do que somos. Por unha banda preténdese potenciar o pequeno comercio e a hostalería e, pola outra, resérvanse as rúas para os peóns prohibindo a circulación rodada, sen caer na conta de que, botando os coches fora da cidade, bótase tamén fora aos que van neles. Din que é para maior disfrute dos nosos visitantes. Se veñen andando claro.

 

GRANDEZA

Te puede interesar