Viva a República

Cada 14 de abril vai gañando corpo a idea emancipadora da República. Cada primavera, logo de seis invernos de crise, retalladas e corrupción, nótase un agromar na cidadanía dunha  firme e anovada  convicción crítica republicana. Os graves erros e miserias da Casa Real o son  porque a esixencia cidadá sobre a democracia e a ética, parella divorciada neste réxime monárquico, crece. Cando facemos ondear unha bandeira tricolor, cando convocamos os manes da memoria histórica, cando razonamos sobre os contidos que debe ter a República que veña, estamos a significar os dereitos das clases traballadoras, as conquistas polas mulleres a prol da igualdade real, o laicismo nunha escola pública, universal, gratuíta e coeducadora; cando dicimos República dicimos os dereitos nacionais do pobo galego; dicimos República para afirmar os vencellos internacionalistas afincados na paz; dicimos República e erguemos a bandeira da dignidade, do pan, o traballo e a vivenda. Viva a República!

 

Viva a República

Te puede interesar