Cambios poéticos

|

Ademais dos cambios que xa se produciron e que afectan a todas as facetas da vida cotiá, poderíase falar de outros cambios “virtuais” no campo da poesía, onde hai moitos versos que hoxe se dirían doutro xeito. Por exemplo, cando don Antonio Machado lle di ao “españolito” aquilo de que: ”Una de las dos Españas ha de helarte el corazón”, hoxe tería que dicir: “Unha das dezanove Españas …”. Ou cando don G. A. Bécquer anunciaba que: Volverán las oscuras golondrinas…”, hoxe diría que: “Volverán os obscuros estorniños …”. Ou no caso de don Rafael Alberti, afirmando que: “Se equivocó la paloma/por ir al norte fue al sur…”. Pois non. Agora semella que non é que se equivocase, senón que sabía que a súa presenza era alí, no sur, moito máis necesaria, para levar no pico a rama de oliveira da paz, e tentar de rematar con tanta guerra e tanto odio irracional e salvar a tantos seres humanos vítimas de ambicións insáns e de intereses espurios. Claro que a pobre pomba ía ser a primeira en caer, non si? 

Cambios poéticos