Coronación

En dous días cambiaremos de xefe no Estado. Deciden por nós, unhas Cortes que esqueceron que, en democracia, o pobo é quen máis manda. E din que o referendo, que decida o pobo, non se axusta á Constitución. Manda truco!
Esquecen que Juan Carlos I foi referendado polo cidadáns. Iso si, co paquete completo da reforma política que foi sometida ás urnas, iniciando así a Transición democrática. Certo, tamén, que a intentona golpista do 23F deulle a lexitimidade. Mais, agora esgotada coa axuda dos elefantes e do xenro.
E porque as cousas non son eternas, a xente ten dereito a decidir. Máxime cunha crise social como a vista nas eleccións europeas do 25 de maio.
Están sen resolver a saída da crise económica, o modelo de Estado e a configuración federal de España. Esa é a lectura. O sexto Filipe será coroado, será legal, pero non lexítimo. Si, saúde e república!

 

Coronación

Te puede interesar