Urxe reorganizarse

A Covid-19 veu unha vez máis a demostrar, que for como for as crises, destas sempre saen máis reforzados as elites económicas e mais afundidos chegando en moitos casos a miseria a clase traballadora . Fai uns días, unha asociación de economistas independente dos EEUU, sinalaba que desde marzo ata setembro, as grandes fortunas dese país, ampliaban a súa fortuna en perto dos 950 mil millóns $ ,mentres que 22millons de traballadoras dos EEUU, na súa maioría con fillas, non tiñan suficientes alimentos para a súa alimentación diaria e a das súas fillas neste mesmo período.
Con certeza que no estado español isto en proporción se replica, coa gravidade de que por mor do Covid-19, a contestación social está moi limitada. É certo que nos parlamentos galego e español está a facerse moito traballo por parte de xente, como as parlamentarias do BNG. Cabe sinalar que en menos dun mes, un so deputado como é o caso de Nestor Rego, conseguiu máis para Galiza, que en toda a historia da democracia por parte das deputadas elixidas na Galiza, do PP  e da famosa esquerda rupturista, no parlamento español. Máis o que con certeza é certo, é que o traballo institucional aínda que é fulcral, este non chega como debería chegar a clase traballadora. Por iso moitas veces escoitamos expresións, como a de que “todas os políticos son iguais” etcétera. 
E xa que esta pandemia conseguiu a callar a contestación social e desmobilizarnos, cómpre con urxencia, que reformulemos as nosas tácticas e estratexias e nos reorganicemos, para seguir dando batalla no plano social. Porque é a contestación social, a que da visibilidade aos problemas e as inxustizas cometidas polo poder ao conxunto da poboación. E é o que esta no ambiente, o que soa o que fai visíbel as problemáticas. Porque é esta notoriedade o que fai que moita xente reaccione tomando posición e partido fronte isto. É urxente e necesario que entre todas, busquemos novos xeitos de loita nas rúas, incluso sen estar nestas, xa que debemos ser conscientes do perigo real que esta a supor esta pandemia e as que con toda posibilidade viran no futuro, como xa están a avisar as expertas científicas, se non cambiamos o sistema. 
En definitiva é indubidábel que o que se lle fixo a hostalaría nestas derradeiras datas foi unha puñada trapeira, máis si se tomaron medidas que aínda que son pírricas e escasas, por parte do goberno do PP na Xunta, foi grazas a mobilización deste mundo da hostalaría, co apoio en moitos casos, como é aquí no Ferrol do BNG. Esperemos que as hostaleiras e as traballadoras teñan as mesmas axudas en proporción, as que ten Inditex, Ferrovial ou Endesa entre outras, xa que a diferenza, é que as traballadoras da hostalería queren seguir vivindo con un pouco de dignidade, mentres que algún outro o que quere, é seguir engordando a súa fortuna, que en moitos casos demostra, que a súa avaricia é como un saco sen fondo.

Urxe reorganizarse

Te puede interesar