Benvido, señor bispo!!!

Estiven pensando: atrévome ou non me atrevo. Pois atrévome. Aínda que non son quen para darlle a vostede a benvida a esta diocese de Mondoñedo-Ferrol, mais sinto que non podo calar polo moito que lle quero a esta Igrexa que me costou, sangue non, mais dor e bágoas e cartos, sí. E tamén quero compartillar co pobo que -segundo din- tocoulle a lotería co seu nomeamento e por iso ei vai a miña ledicia tamén. Emporiso, quixera que, por aquilo de “ningún bispo imposto”, que o clero,  laicos, homes e mulleres, tiveran algo que ver no asunto, e que fora galego, que as verbas foran debulladas coa ledicia do primeiro día e coa sintonía humá e a Boa Nova do Evanxello na nosa lingua. Metería no peto tanta xentiña que espera o seu pastoreo ulindo á ovella con gañas de traer novos aires do noso papa Francisco. Mais coa mesma esperanza do pobo crente e tamén non crente, co bo espírito do novo pastor iso hase ir amañando; iso esperamos.
E agora vou ao que me toca de cheo por aquilo da Lembranza Histórica. Na celebración fixo mención dos mártires de Barbastro, os eus irmáns e tamén nosos irmáns. Cando estudei e investiguei o caso tamén eu chorei por aqueles rapaciños cantando e rezando cara o martirio, calquera chora neses casos. 
Mais ao mesmo tempo dos de Barbastro, en plena guerra civil, outro irmán seu claretiano, bispo de Navarra, Mons. Marcelino Olaechea, berraba na festa á Virxe: “non máis sangue, non máis sangue!”, e tanto non lle fixeron caso que requetés, falanxistas, e cregos foron á cárcel sacaron a máis dun cento e fuxiláronos a todos no monte. E ainda chorei máis.
O bispo aquel soubo o pouco caso que lle fixeran e non volveu berrar, engurrouse e deixou correr aínda máis sangue. Un crego bo amigo daquel bispo dixo:  “e que vires non habebat”, (xa non tiña forzas).
Se ten paciencia aínda sigo. Nesta nosa diocese os militares golpistas fixeron dous mártires que eran curas, e moitos máis que non o eran. O primeiro foi Matías Usero Torerente, gran entusiasta da democracia da Igrexa dos primeiros séculos, e soñaba coa utopía do Evanxello, un revolucionario para aquel tempo tanto social como cristián e crego, no tempo que exerceu. O 28 de agosto  1936 ao mencer fusilarono con outros paisanos, sen xuizo. O segundo foi o cura párroco de Xestoso, Andrés Ares Díaz, que, parece ser, non quixo darlles os cartos da festa para a guerra, non se sabe se por querencia á República, se pola súa querencia á paz e contra da guerra. Neste caso tamén foi un mártir porque o preceuto do cristián e non digamos do crego é cumplir o mandato de Xesús cando lle di a Pedro. “Déixate de espada...”. 
Por encargo das novas autoridades foron os gardas civís buscalo e fusilárono contra dos muros do cemiterio da Barallobre, despois de recibir o sacramento da confesión “con edificante fervor”, segundo escribiu daquela o párroco Don Antonio Casás. 
Eu ben sei que a Igrexa desbota o estudo da Memoria Histórica. Que quere celeberar só as vítimas dunha banda, deixar no esquecemento tantos seres queridos nas cunetas. Que como dín os do goberno non hai que escarabellar na terra para volver a tempos pasados. Mais xa se sabe que as feridas non poden curar en falso. 
A Igrexa ten un deber paradigmático: pedir perdón e promocionar o perdón mútuo, como fixo a Igrexa Vasca en xullo de 2009. Por qué nos máis sitios non?. Sempre que saco este tema, emporiso, repito a frase do noso amigo, Xosé Manuel Carballo, crego da Terra Chá: “ao desenterrar uns non botemos a terra sobre dos outros”. Non se trata de vinganza, senon de xustiza e dignidade. 
E voulle lembrar as palabras dun predecesor seu, Mons. Miguel Anxo Arauxo: “Non había razón suficiente para unha guerra  e moito menos civil. E a Igrexa española que tanto se volcou aprol das forzas de Franco procure de ser consciente das súas responsabilidades e pida perdón á sociedade española polo seu pecado público... Todos puxémo-las nosas mans pecadoras sobre esta piel de Iberia. ¡Perdónanos, Señor, e dano-la túa reconciliación! ¡¡Nunca máis guerras!!. ¡¡Nunca máis odios e rencores!!”.
Espero non abouralo e sacarlle a ledicia da sua entrada feliz nesta diocese. Mais o tema e seu. Con todo ao mellor a oración dos mártires de Barbastro e un anuncio de levar acabo todo o restante.    

Benvido, señor bispo!!!

Te puede interesar