Vergoña

|

Non podo remedialo. Sinto vergoña de vivir nun país onde o representante do partido máis corrupto da nosa historia, permítese insultar gravemente ao legalmente nomeado Presidente de todos os españois. Sinto vergoña porque o partido político do Presidente, que se titula de esquerdas, consinte e cala, ante o continuo e desaforado ataque dunha  dereita “asilvestrada”, indigna de chamarse europea. Sinto vergoña da actitude dos “pesos pesados” dun PSOE, que deberían defender ata cos dentes ao que, gústelles ou non, é o seu máximo representante e que, en troques, fan como o deus Saturno, devorando aos seus fillos. E sinto vergoña do silencio dun pobo que non sabe ou non quere, defender con enerxía, unha democracia gañada con moito sangue suor e bágoas. Porque non se trata de defender a un Sánchez, que mañá pode ser Gómez ou Fernández ou Martínez, de calquera outro partido político. Perdoen, porque hoxe teño un mal día e, sinto moita vergoña pola miña parte de culpa. Abofé.

Vergoña