CONFUSIÓN TOTAL

Antonte á noite pousei a miña atención na entrevista que lle fixeron en Vía V ó señor Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, e candidato á Secretaría Xeral do PSOE de Galicia. Vendo o que vin e, sobre todo, escoitando o que escoitei, o primeiro que se me ocorreu é o que adoitan dicir os crentes –que eu non o son–: “Virgencita que me quede como estoy”. Iso vai ser a renovación do segundo partido máis votado en Galicia? O candidato alternativo –que tamén debeu ver ese programa– xa saíu manifestando o seu desacordo. Máis que lóxico. A militancia –que eu nunca andei por aí– resolverá. O preocupante, como cidadán, é esa aproximación ó que defende o PP. Por se acaso, non se viu ningunha postura clara nin diverxente de ningún dos dous partidos perante os tambores de guerra contra Siria. O cheiro a podre da Dinamarca hamletiana pode ficar ridículo. Hoxe mesmo vai haber unha concentración non partidaria contra os plans de Obama e do “socialista” Hollande. Aí gustaría de ver os demócratas.

 

CONFUSIÓN TOTAL

Te puede interesar