¿Ferrol, unha cidade irrepetible?

on resulta doado contestar a esta pregunta nen dar por feito que Ferrol sexa unha cidade que hai que repetir. Alguén dixo que era resultado dun capricho, que era irrepetible, que necera chea de luz, inimitable. Podémollle dar as voltas que queiramos pero a realidade lévanos a deducir que Ferrol é o que é froito de decisións case sempre alleas aos seus habitantes que nos foron levando ata a cidade que hoxe temos para ben ou para mal. Algúns cren que para mal, pero resiste contra vento e marea malia recibir golpes moi duros que a cidadanía encaixou case sempre con resignación argumentando que despois da tempestade chega sempre a calma. Ferrol naceu coma unha cidade naval por dous conceptos esenciais: porque nela creouse un fantástico asteleiro e porque aquí está un centro naval da Armada da Zona Marítima do Cantábrico. Cando estes dous organismos estaban no punto álxido de actividade Ferrol estoupaba de vida e era o obxectivo no que moita xente puña o seu punto de mira. No ano 1981 Ferrol tiña case 92.000 habitantes e segundo as estatísticas do ano pasado (2018) non chegabamos a 67.000. Unha sangría grande que necesariamente precisaría dunha trasfusión para inxectar esa enerxía vital que a cidade necesita, unha cidade froito do racionalismo da Ilustración cun barrio exemplar no seu deseño, o barrio da Magdalena, hoxe en fase decadente. Non hai máis que ver o estado de moitos edificios e o lamentable espectáculo das rúas de lousas e adoquíns cheas de socavóns. É como se os habitantes deste emblemático barrio do século XVIII, en pleno século XXI estivesen na obriga de vivir coma os súbditos de Carlos III. Pero basta xa de bagoadas estériles: é tempo de poñerse a traballar para facer de Ferrol esa cidade irrepetible, de aproveitar a potencialidade que ten, hoxe adormecida, e poñela no mapa no sitio que merece. Sempre albiscamos a esperanza de que, logo dunhas eleccións, o novo goberno emanado dela, saberdor das necesidades e dos remedios para mitigalas ( dico programs), se poña mans á obra. Pero a gobernanza non é doada meus amigos, todos desde a terraza da cafetería mentres tomamos unha birra somos quen de arranxar todos os problemas da cidade, temos soluciósn para unha Praza de Armas espléndida, para os espazos peonils, para o tráfico para os aparcadoiros e para poñer as rúas transitables: todo isto denantes que se quente a cervexa, pero que fácil é cando non temos responsabilidade de goberno, ¿nonsi?

¿Ferrol, unha cidade irrepetible?

Te puede interesar