Vivimos nun momento histórico onde a actividade humana, fundamentalmente, por non dicir en exclusiva, do 20% da poboación do planeta, levou a este a unha crise de dimensións terribles e que pode significar a nosa propria desaparición como especie, senón se toman xa as medidas necesarias. Un planeta ao cal, día a día, sometemos a unha presión constante en todos os seus eidos.
As materias primas fundamentais pra as nosas sociedades están en declive. As nosas augas ateigadas de plásticos e outras sustancias contaminantes. Os nosos bosques desaparecendo a pasos de xigantes. A maioría das especies están extinguindose a ritmos acelerados e non naturais. O noso aire totalmente contaminado e o clima, xa desde vai uns anos, esta cambiado sendo este posibelmente o maior problema que xeramos. Os científicos da ONU avisan, de que a subida das temperatura por riba de 1.5 grados, vai ter nefastas consecuencias pra o planeta e os seres vivos que habitan nel. Un cambio climático que vai afectar, desde a produción de alimentos (agricultura pesca ect...) ata a dispoñibilidade da auga doce que teremos e que con certeza, vai mudar o noso sistema de estar na Terra.
Máis un dos factores claves en todos estes desastres que provocamos, ademais do sistema económico, baseado en consumir (consume ata que morras), é o modo que termos de desprazarnos; é o transporte. Este é a maior actividade segundo os expertos, en consumo de enerxía, por diante incluso da industria e o sector servizos. Enerxía que ven fundamentalmente do petróleo e derivados e que ten un peso determinante no quecemento do planeta; é dicir, no cambio climático. No estado español, un 75% das emisións que se producen no transporte, é referida ao transporte por estrada e destas, case o 40% e debido ao trafico urbano. Isto é debido a cultura do coche que nos impuxeron desde o poder, primando-lo por encima de outros sistemas de transporte máis eficientes e menos contaminantes, como o tren, o autocarro ou medios non contaminantes como desprazarse a pe ou en bicicleta. Unha cultura que idealiza o coche, como signo de status social, de liberdade e independencia, algo totalmente falso xa que, o uso do coche fainos máis dependentes co cal, menos libres e o status social, non se mira por ter ou non ter coche. Ademais usamos o coche particular pra todo; desde ir ao Gym, onde nos subimos a unha bicicleta estática ou corremos nunha cinta sen movernos do sitio, ata estamos dispostos a gastar parte do noso soldo, ademais de estragar pouco a pouco o coche e a paciencia pra ir ao traballo, cando poderiamos moitas veces facer o percurso a pe ou en bicicleta. Tamén cabe sinalar, que as cidades sempre (agora empeza haber cambios en algúns países europeos) se deseñaron pra favorecer o uso do coche particular; lugares de ocio, os polígonos industriais os grandes centros de compras ect.... todo nas aforas das cidades.
Porque do que se debería de falar é de mobilidade entendendo esta, polo dereito que ten calquera cidadán, de poder facer todo o concernente a súa vida, ocio, compras, saúde, traballo ect... do xeito máis accesíbel, entendendo accesibilidade como proximidade, sen necesidade de ter que inverter fortes sumas de diñeiro, pra poder se autónomo. Hoxe en día, en moitas cidades europeas, xa non existen nos concellos, concellerías de trafico senón que, pasaronse a denominar concellerías de mobilidade. Algo que sería bo, que tomasemos exemplo.
Ademais as cidades están a deseñarse menos difusas e mais densas, pra favorecer a mobilidade sustentábel (desprazamentos a pe, en bicicleta, transporte público). Porque é fúlcral deseñar políticas, que restrinxan o uso do coche particular e favorezan que as pessoas tomen a decisión de desprazarse, por métodos non motorizados ou tamén no transporte público e onde todo o que necesitemos pra desenvolver a nosa vida cotiá, este preto da cidade . A creación de barrios sen coches e a peonalización dos centros das cidades, como xa temos na Galiza, concretamente en Pontevedra, onde podemos comprobar os efectos positivos que tivo esta decisión quer no meio ambiente quer na economía local e saúde da xente, coa creación tamén das sendas peonís, é indubidabelmente o camiño a seguir, ademais de potenciar o transporte público, é o camiño a seguir repito polas demais urbes da Galiza e máis concretamente no Ferrol.
Mais hoxe 3 de Xuño é o día mundial da bicicleta. Un sistema de transporte do que hai que dicir, que utiliza o 100x100 da enerxía que lle transmitimos sendo este, o sistema pra desprazarse máis eficiente. O uso da bicicleta so trae consecuencias positivas: mellora a nosa saúde quer física (niveis de azucre, colesterol, triglicélidos ideais, oxixena a sangue, anti cancro ect...) quer psicolóxica ( reduce a ansiedade, a depresión, reforza a autoestima ect..), é un sistema de transporte que non fai falla unha forte inversión, o seu mantemento é barato e non necesita combustíbel, desde o punto de vista meio ambiental tamén é ideal xa que, non poluciona, nin emite ruído. Hoxe en día ten suplementos que serven quer pra levar a mascota quer pra facer a compra do mes na tenda. A bicicleta é con certeza o sistema máis eficaz pra os desprazamentos dentro da cidade e tamén entre os 5-8 km desde o centro da mesma. Máis compre sinalar, que é necesario traballar nas escolas coas rapazas-es xa desde pequenas, pra ensinarlles que o uso da bicicleta non é de xente sen recursos, de deportistas ou de ecoloxistas e ao mesmo tempo, ensinandolles as verdadeiras consecuencias do uso ou abuso do coche: sedentarismo, contaminación meio-ambiental, sonora, destrución dos habitats pra creación de infraestruturas ect... e poñendo en valor o uso da bicicleta, como por exemplo: o benestar colectivo.
En definitiva compre hoxe mais que nunca, que cambiemos o modo que temos de desprazarnos xa que, a que se nos aveciña é un problema demasiado serio, pra seguir pospoñendo-lo no tempo. E un modo de que nos como cidadáns axudemos, é desprazandonos o máximo posíbel en meios non motorizados. E un excelente xeito que temos ao noso alcance, xa que non fai falla moitos cartos e so trae multitude de beneficios, é usando de xeito habitual a bicicleta.