Hai quen oe pero que non escoita

|

Seguimos o común dos mortais –ou a xente do común, como din agora algúns– a esnafrarnos co máis obvio. Leo moitas veces os comentarios que aparecen na páxima web de Diario de Ferrol a respeito das noticias de turno. Non vou denostar a quen xa o fai por se mesmo vendo o que é capaz de dicir sen o máis mínimo sinal de arrepentimento, como quen chega mesmo a criticar o feito de acoller a homes, mulleres e nenos que están a pasalas ben mal nun barco que, menos mal, xa chegou a porto. Pero é certo aquelo de que se poden sembrar ventos para fomentar tormentas cando se fala, por exemplo de que a culpa de que non haxa suficientes socorristas en Ferrol é do goberno de turno, sen pararse a dicir, por suposto, que nin tan sequera houbo rapaces suficientes que se presentaran para cubrir as prazas ofertadas. Enmerdar si que enmerda. Alá el. Menos mal que hay xente intelixente.

Hai quen oe pero que non escoita