Pin antiparental

Non quería escribir sobre o pin parental, pero despois de escoitar as palabras do líder do PP: “Mis hijos son míos y no va a venir un comunista a decirme cómo educarlos”, non puiden resistirme. E xa metidos en insensateces, igual o que algúns fillos necesitan é un pin antiparental. Quen establece como educar é a Constitución que, vostede, Sr. Casado, constitucionalista de pro, sempre leva na boca e na man. O artigo 27.2 indica que a educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais. E diso, de igualdade de dereitos, tamén nas relacións afectivo-sexuais, é do que se fala nas charlas contra as que os defensores do PIN parental se manifestan. E si, señor Casado, existen homosexuais –algúns, incomprensiblemente, militan no seu partido– e teñen os mesmos dereitos que calquera outro cidadán, e os seus fillos deben sabelo. Se vostede non llelo explica, o sistema educativo público español, afortunadamente, ofrécelles a oportunidade de aprendelo. 

Pin antiparental

Te puede interesar