Sen derribo

|

eica o acoso ao sr. Sánchez queda pendente de derribo, porque o paso do tempo e as circunstancias semellan estar ao seu favor. Lembro que se falaba de que nunca gañara unas eleccións e, velaí que gañou as primarias do seu partido e as últimas xerais, cunha considerable vantaxe; dicíase que quería o poder a todo custo, pero renunciou ao goberno por non hipotecar o seu programa nos acordos con Podemos; falouse do seu pacto cos separatistas, mais deixou claro que non hai de que falar fora da Constitución; acúsano de querer ir ás eleccións, se cadra porque coidan que volverá gañar; e por último, din que é o peor Presidente de España. Pois pode que teñan razón, mais coido que sería moi difícil superar aos outros, porque houbo cada “xoia”! E digo eu que, para saber se é o peor, habería que deixalo gobernar, porque ata agora, todo foron cambadelas. Non si? Mais resulta que hai outros que farán todo o posible para que non goberne. E xa que logo, aínda non se sabe... 

Sen derribo