Réximen corrupto

Cospedal, Arenas, Álvarez Cascos resulta que non saben nada do financiamento ilegal do PP, o cal  ten desacougantes acentos galegos segundo se desprende da contabilidade B, de verdade, de Bárcenas. A cousa resta clara: se os secretarios xerais do PP non sabían nada ou din non saber, todo apunta aos xeneralísimos do PP, onte Aznar, hoxe Rajoy. Nestas andamos: guerra civil no PP para fuxir dos delictos penais que sobrevoan  a causa xudicial abertae no entanto financiamento ilegal do PP a cambio de contratas de obras e servizos públicos pagados cos cartos dos nosos impostos, os que defraudan e eluden grandes empresas, banqueiros e demais xente do réximen. Os que minten para salvar o seu cu legal e os que pretextan ignorancia e derivan responsabilidades sobre outros son os que impoñen a axenda da devastación neoliberal. A dignidade cidadá esixe demisións e convocatoria de novas eleccións.

 

Réximen corrupto

Te puede interesar