Multas

Coido que todo o mundo terá máis ou menos unha imaxe do que lle gustaría que se fixese na Praza de Armas,  A min paréceme un erro quitar o aparcamento; máis ben deberíanse facer dous pisos, xestionados polo Concello e deixar un para vender prazas a residentes e funcionarios. Habería que levantar o teito do aparcamento e poñelo a nivel coa beirarrúa da rúa Real e levantar tamén o piso da praza, de xeito que entre as dúas placas quedase espazo suficiente para facer departamentos e oficinas municipais. Esa fachada da rúa Real podería presentar unha reprodución da parte baixa da fachada principal do Concello. Os accesos á Praza serían tres: dous polas rúas Galiano e Dolores, con tres ou catro chanzos e as correspondentes ramplas; a terceira pola rúa Real, no centro, imitando a escalinata de entrada ao Concello. A praza gañaría superficie útil e o Concello gañaría instalacións para negociados ou oficinas.  A min gústame imaxinala así, porque soñar non custa cartos. De momento, claro.

Multas

Te puede interesar