Agosto

Mañá terei de mirar por onde andar. Mañá terei de facer o que non fixen. Hoxe mergúllome na contemplación, no me deixar arrolar polo leste que esvara polo meu rostro. No me perder no festivo das terrazas do Cantón e rúas do centro da cidade (razón dunha discrepancia co meu amigo Xosé María Dobarro para quen supoñen privatización do espazo público). No abraio ante os pícaros que rebumbiam co balón detrás do concello e aqueles que brincan, entre rechouchíos afogados pola alegre rebuldaina das súas voces, en Amboaxe. No  grallar das gaivotas... 
Agosto fai de todos nós o filósofo que o barullo e as présas do resto do ano oculta.  E reflicte o poder do emperador Octavius Augustus que foi quen de manter dous mil cincuenta anos após da súa decisión o nome... E, o máis importante para nós que hoxe gozamos  das vacacións, que este mes teña 31 días e non 29.
Obrigado, muito obrigado Octavius Augustus.
 

Agosto

Te puede interesar