Revés

O que rematan de sufrir os socialistas nas recentes eleccións francesas e que debería servir de aviso ao electorado en xeral, ante o que parece ser unha nova escalada cara ao fascismo. Non é unha novidade a progresiva fascistización dos países a nivel europeo, pois voces autorizadas xa o viñan anunciando hai tempo, prognosticando a chegada dunha etapa parecida á do período entre os anos 18 e 45 do pasado  século, que foi pródigo en guerras, morte, desolación e fame. Vese vir outra vez o intento de esmagar os movementos obreiros e o establecemento de estados totalitarios, con partidos políticos corruptos e unha democracia falsificada e prostituída. Nesta situación, a presión social é a única solución para evitar o desastre que se nos ven enriba, esixindo aos partidos políticos de esquerdas a depuración dos seus cadros e unha actitude que, dentro do seu ideario político, posibilite xuntar todas as forzas progresivas. Se non o fan así, mal nos irá a todos.

 

Revés

Te puede interesar