Dous sen tres

Popularmente adóitase dicir, que non hai dous (ou dúas) sen tres, para indicar a posibilidade de que algo suceda por terceira vez. Coido que é unha frase incorrecta, pois a verdade é, que non pode haber tres se non hai dous (ou dúas). Iso é o que pasa coas posibles terceiras eleccións, que están a ser empregadas como unha arma contra o Sr. Sánchez. Eu non son quen para defender ao Partido Socialista nin o pretendo, pero sexamos honestos, non caiamos na trampa e botemos contas para saber quen será o culpable de que haxa terceiras eleccións. Vexamos: Houbo as primeiras que deberían ser suficientes, mais o gañador nin se molestou en intentalo; o segundo en votos intentouno, pero fracasou, e houbo que ir ás segundas. Pois ben, de quen foi a culpa de chegar ás segundas? Do único candidato que deu a cara? Evidentemente non. Xa que logo, non pode ser culpable das terceiras, quen non foi culpable das segundas. Porque se non hai dúas, non pode haber tres. Ou si?

Dous sen tres

Te puede interesar