SISTEMA

Certos políticos adoitan cualificar de “antisistema” a persoas ou colectivos que protestan polas consecuencias da crise e polas medidas do Goberno que, lonxe de atenuala, parece que están a agravala aínda máis.
Se algún deses políticos explicase o que entende por sistema, saberíamos tamén o que entende por antisistema.
Confeso a miña ignorancia sobre este sistema, pois non sei se é capitalista, democrático, ditatorial, absolutista, relixioso ou todo iso e pode que teña algunhas cousas máis, entre as que non se atopa a xustiza social, e baseada nunha Constitución que todos defenden e que ninguén cumpre.
Sendo así, non podo ocultar que o actual sistema non goza das miñas simpatías e, xa que logo, eu debo ser un deses “antisistema”
Lembro ter oído que un político doutros tempos falaba da Constitución dicindo que estaba moi ben, pero que habería que imprimila en papel de lixa, por si alguén tiña a tentación de usala como papel hixiénico.

 

SISTEMA

Te puede interesar