Velocidade

|

on podo dicir aquilo que dixo o poeta “eu  vou pra vello …”, porque xa son vello, aínda que hai quen di que me conservo ben. Mais a cotío atópome na situación de recoñecer as propias limitacións. Unha desas é a da velocidade, que me supera en todas as facetas da vida, porque semella que a vida mesma forma parte da velocidade ou esta é parte de aquela, que non sei eu cal é quen neste tema. Porque se ben miramos, na Natureza a velocidade é indispensable para case todos: uns para comer e outros para non ser comidos; e no que respecta aos humanos, os nenos botan a correr xa desde ben pequenos, así que, indo a pé, a cabalo ou en calquera máquina, a intención é correr e, se pode ser, máis que ninguén. Pero tamén na música, no baile, ou nos debates na radio ou na TV, a rapidez é o máis salientable, de xeito que a min cústame traballo entender o que se di. Seica as miñas neuronas xa non poden seguir o ritmo de vida actual. Porque son vello, claro. Ou non será por iso?   

Velocidade