plicando con humor o sistema de división no caso catalán e, solucionado o asunto da “República“, podería iniciarse o tema da independencia. Coido que o Goberno Español podería propoñerlles aos secesionistas un monólogo, no canto do diálogo que esixen. É dicir, darlles a iniciativa e que digan que é o que queren e como o queren, con unha soa condición, que todo iso, o presenten ao goberno de España por escrito. Este sistema ten moitas vantaxes. Unha: que os peticionarios terían tempo para debatelo, poñerse de acordo nas súas demandas e, sometelo ao parlamento catalán; outra: o goberno do estado podería estudalo e debatelo no parlamento español. A partir de aí, ambos os dous gobernos poderían dialogar e discutir o xeito de decidir a solución máis axeitada. Pero por suposto, todo recollido por escrito nos dous bandos, para que ninguén poda dicir aquilo de “Onde digo, digo - digo Diego”, pois como dicimos os galegos, “cando papeis cantan, barbas calan”. Ou non é?