A formación das nacións

Segundo o pensamento dalgúns filósofos de finais do século XIX e principios do XX, a formación das nacións non foi debida á identidade do sangue ou da lingua dos seus habitantes, senón máis ben ao revés, é dicir: A nación nace como resultado da previa unificación política. No caso da nosa Galicia, xuntáronse diferentes tipos de sangue e linguaxe, por mor das invasións de moitos pobos estranxeiros e, por iso, temos tantas e tan diferentes tradicións, nunha nación relativamente  pequena. Xa que logo, o nacemento de Galicia como Nación, deberíase ao desexo e á necesidade de convivir unidos para mellor se defender dos perigos exteriores. E tamén habería que ter en conta o dos límites xeográficos naturais, que segundo outros pensadores, tamén teñen a súa importancia no tema. En calquera caso, a realidade nacional de Galicia é incuestionable, malia que, a unidade dos galegos non parece hoxe unha realidade, a xulgar pola actual división na política. Non si? 

A formación das nacións

Te puede interesar