A leiteira, o lobo e o raposo

Non sei se algunha vez as novas do Concello poderán trar algo positivo, xa que non deixo de comprobar que de todo canto se promete, di e fala, nunca vexo nada. Aos miolos venme tanto aquel conto da leiteira, que tanto pensaba e aventuraba co que lle daría o leite e o que podería facer para medrar, como aquel de Pedro e o lobo, que tanto dixera que viña que cando realmente apareceu ninguén lle fixo caso. Aos nosos edís lles convería facer reflexión sobre estas fábulas, que tanta recoñecida, razoada, e máis que comprobada sabedoría popular conteñen. E é que, entre conto e conto, máis dun deles ben podería achegarse á altura de Esopo, xa saben, aquel do raposo e as uvas verdes. Para “contos” estamos nós por estes andurriales... 

A leiteira, o lobo e o raposo

Te puede interesar