DIGNIDADE

Dentro da precampaña que estamos a realizar dende Ferrol en Común teñen especial importancia os artigos que escriben veciños implicados coa realidade da nosa cidade. Loxicamente as preocupacións son moi variadas, o normal en persoas con distinta sensibilidade.
Unha análise non demasiado profunda si que nos pode mostrar un alento similar como estrutura dos textos. As beirarrúas, os farois, o asfaltado, etc., son cuestións moi importantes, pero nestas eleccións está en xogo algo máis. É tal o grao de deterioración laboral e social, a falta de interlocución en cultura co equipo de Rey Varela ou o aspecto caprichoso e ornamental de moitas das súas decisións que parece estar en xogo a dignidade dun pobo. Seguro que a moitos lles parece esaxerada esta conclusión pero o certo é que o castigo sufrido polas políticas desenvolvidas dende os distintos gobernos do PP é moi elevado. Estas eleccións non son unhas locais máis.

 

DIGNIDADE

Te puede interesar