Por que sempre tardamos en reaccionar?

Vista a grande manifestación de onte en Barcelona en contra diste independentismo que nutre as soflanas pailáns de Puigdemont e acólitos, o primeiro que se ven á cabeza é por que a xente e xa que logo os movementos cidadáns que defenden a unidade de España non tomara xa unha decisión como a de onte antes de se celebrar o paripé de referendo. Talvez deste xeito houberan quedado moitas cousas máis claras e tanto a socidade española como a catalá terían rubricada unha mellor idea, e moi distinta, do que –dende logo non a minoría, diría eu– quere para esta parte de nós que se chama Catalunya. A culpa non sempre, pois, é toda dos políticos –aínda que penso que é difícil non votarlla–. A única explicación que teño é que tamén hai medos difíciles de curar, ou olvidar, ou espantar, ou irracionais –os máis perigosos de todos eles–, e, tamén, quen procura dar medo con só abrir a boca.

Por que sempre tardamos en reaccionar?

Te puede interesar