LEVEDAD

|

Eu non sei si o do noso alcalde ten algo que ver con “A insoportable levedad do ser”, aquela novela de Kundera tan de moda fai xa bastantes anos. O certo é que Rey Varela nunca ten que ver con nada e non estivo en ningures, o seu é pasar como o aire pero con menos poesía.
O naval non ten traballo, o PP esfórzase en votar sempre en contra do dique flotante e outras posibles solucións e el mira melancólico cara á SEPI.
Tócalle inaugurar ese campo de golf no que converteu a praza de España gastándose un millón de euros e táboa rasa, doce anos nos que el debeu de ser un ser puro que non tiña nada que ver co proxecto. Pero José Manuel, quero recordarlle que era vd. nada menos que o concelleiro de Facenda do señor Juncal cando este decidiu privatizar un bo anaco dese espazo colocando un edificio no medio e medio. En fin, teremos que esperar a que sexa proclamado emperador das Galaxias para pedirlle explicacións.

 

LEVEDAD