Chove sobre mollado

olo visto, en Ferrol é imposible tomar nota do aprendido, ou do que xa sabe que sempre vai suceder, e seguimos coma sempre, sen poñer remedio aos cimentos e insistindo, unha e outra vez, en tapar os furados das paredes. Digo isto porque, como todos os anos desde a intemerata xa, o caso do aparcadoiro do cuartel Sánchez Aguilera clama ao ceo. Vamos, que tanto ten que de cando en vez, e aínda sendo previsores coa chegada das chuvias se proceda a amañar o espazo, de pouco serve, xa que aos poucos días está de novo como xa o estaba antes, é dicir, un camiño de vacas, como se diría por aquí. Aínda que o convenio con Defensa sega a estar pendente de acordo e firma, non creo que o ministerio poña moitos problemas ao feito de asfaltar a zona, xa que logo, con todos os rebacheos que se teñen feito seguro que xa se tiña amortizada a capa de asfalto. E xa non o digo polo feito de que os coches pareza que saian dun rali, senón porque quen non leve botas de auga apañado vai.

Chove sobre mollado

Te puede interesar