Covid-19 e localismos

|

Un pequeno ser veu a demostrar a falta de unión nas accións políticas das administracións locais e a vixencia de que cada quen fai a guerra pola súa banda, moitas das veces sen máis criterio que o de ocupar portadas de prensa. A resposta coordinada de moitas empresas e sectores, e sobre todo a respostas coordinada e a solidariedade da xente son unha balde de auga fría nos eido político administrativo. Non precisamos nesta situación, cada día aos políticos de quenda facendo propostas, moitas das veces contrarias ao ordenamento xurídico, pensan que sacan rédito político é non é así. 


Mais teño unha sensación que me incomoda, a crise do coronavirus está a potenciar un gran mal, o localismo, moi presente en Galicia. Chega con revisar a prensa cada día, os Concellos están nunha continúa orxía de proposta e medidas, sen criterio aparente. O sorprendente é que moi dispares e moi controvertidas en moitos casos. Pregúntome que fai a FEGAMP ou mesmo a FEMP do señor Caballero?

Moitas propostas sobre todo de eido económico o único que conseguen é desinformación e controversia, e deslealdade e competencia inútil. Do xeito que se está a actuar vemos situacións como que un comerciante pode ter uns beneficios e axudas fiscais municipais e outro do mesmo sector a 3 km de distancia non o teña. É isto coherente? Un concello aumenta o banco de alimentos e o limítrofe non ten capacidade de subministro para facelo, é isto acción política e responsabilidade? Un concello suspende o servizo de axuda no fogar e o limítrofe non, podendo darse que unhas casas que disten metros e sexan usuarios, uns teñan e outros non, humanidade? Nun concello condonan a taxa de circulación e no do lado tes que pagala. E moitos máis exemplos sobre servizos, materiais e impostos. 

A resposta diante dunha situación tan grave e de risco tan social ten que ser homoxénea e igualitaria. Os concellos tiñan que actuar coordinados dende un órgano superior, ou cando menos nuns comités de seguimento por comarcas. Que están facendo as Deputacións? Diante dunha situación tan irresponsable e con tanta carga de localismo e personalista, cómpre unha directriz ou lexislación do que poden ou non poden facer as administracións locais, a que espera o goberno para regular isto cun Decreto, un Decreto que teña en conta que os concellos son cércanos e a súa acción é do día a día. É preciso facer algo, ou as feridas sociais deixadas pola crise serán máis grandes.

Covid-19 e localismos