POR UNHA NEGOCIACIÓN COLECTIVA MÁIS REAL

Cecais esteñamos mimetizados nas formas e nos modelos de negociación colectiva nas empresas uo nos sectores, mirando cal pode ser o incremento salarial, a canto se poden poñer as horas extraordinarias, si se pode poñer algo que non está recollido na Lei de Prevencion de Riscos Laborais e pouco mais si se me apura, realmente trasformouse a negociación colectiva nuha simple táboa económica, e o que era un periodo ilusionante para os traballadores e as traballadoras convertese nun tiempo letárxico, case sen ideas, sin atoparlle unha nova finalidade.
¿Haberá que cambiar o modelo de negociación dos Convenios Coléctivos? Pois nas empresas que teñen comité claramentente sí, escomenzando polas chamadas Comisions Negociadoras; na actualidade estas están compostas en base ó resultado obtido nas eleccións sindicais, cada  Comisión Executiva elabora a súa  proposta de Convenio e posteriormente a leva a unha asamblea onde as afiliadas e os afiliados lle dan ou non o visto bo, posteriormente a confronta co resto dos Sindicatos e aqueles asuntos que non tiña recollidos amplian esa proposta que pasa a unha asamblea xeral de traballadoras e traballadores  que normalmente lle dan os paraben á proposta que levará a Comisión Negociadora a negociar coa Dirección da empresa.
Esto é tan fastidioso lelo coma escribilo, danse moitas voltas sobor un mesmo eixo, as Comisions Negociadoras deben estar formadas polos Sindicatos(única ferramenta constitucional que as traballadoras e os traballadores teñen no seu poder) en base á afiliación que estes teñan en dita empresa, mantendo o do anterior proceso a primeira  parte, elaboración da proposta, máis a segunda, visto bo ou non da afiliación.
Xa sei, agora veñen os detractores pero para eses tamén teño resposta; na actualidade xa somos todos maiorciños e, non podemos estar esperando que nos quiten as castañas do lume, toda traballadora ou traballador debe estar afiliado a un sindicato polo ben do proceso e polo ben de si mesmos ; desta maneira estaríamos a falar dun proceso totalmente sindicalizado.
Os tempos de vivencia dos necios sobor “que loiten outros i eu estou coa panza ó sol namentras solucionan as cousas que tamen melloran as miñas” ten que rematar,polo ben da clase traballadora.
É convinte fortalecer o sentimento de unión entre a clase traballadora cara á consecución dun fin tan honesto como é a Negociación Colectiva.
Falando da Negociación,ai aspectos que deberían ser regulados en  momentos como os que estamos a vivir. Non pode quedar ó libre albedrío aspectos tan fundamentais como a incorporación de xovenes ás empresas.
Iniciando polo caso que máis coñezo ós aprendices en Navantia, aspecto este que debe ser regulado nos Convenios Colectivos, debese recuperar o número de postos de traballo perdidos ó longo destes últimos 15 anos; ademais estes empregos débense repoñer antes de que se perda máis plantilla actual co fin de que se formen segundo os coñecementos de cada profesión no asteleiro.
Ademais este modelo débese trasladar as grandes e medianas empresas así coma ós Poligonos Industriais, onde ai empresas do mesmo sector.
Este proceso o que podería axudar  a opter mellores empregos así como poñer de baluarte a formación profesional recibida nos Centros de Formación. E todo iso gáñase coa unión da clase traballadora na Negociación Colectiva en calquer tipo de Convenio.

POR UNHA NEGOCIACIÓN COLECTIVA MÁIS REAL

Te puede interesar