Romper

Dixo o presidente do Goberno Español que “España no se rompe”. A min, iso de non romper España sóame como que, “non se rompe porque xa está rota”. Coido que, no canto de volver a aquilo de “Una, Grande y Libre”, sería mellor buscar o xeito de que, os diferentes pobos do Estado se sintan queridos e respectados e sendo participantes activos dese “proxecto en común” que podería ser o país, establecendo a súa grandeza no feito dunha convivencia pacífica e solidaria e cunha verdadeira liberdade para todos. Claro que iso semella unha “misión imposible”, mentres haxa tanta xente que pensa en España como “a súa propia finca” e mentres esteamos gobernados por políticos de escasas dotes, incapaces de entender e atender os problemas que supón a convivencia entre xentes de tan diversas culturas. Iso non se consegue con imposicións, recorte de liberdades e leis “mordaza”. E porque os desexos de liberdade dos pobos, non se curan a paus. Segundo o entendo eu, por suposto.

Romper

Te puede interesar