RECURSOS

|

Congratulese, está de noraboa, nestes días avistase un pequeno repunte na aposta pola investigación, o desenvolvemento e a innovación (o famoso I+D+I). Un mínimo na promoción da saúde, beca e traballo. No medio de tanta austeridade, recorte e corrupción realizada e anunciada, cabría preguntarse que administración ten a valentía para revertir o embudo. ¿O estado central, as autonomías, as deputacións, alomenos algunha delas? Non, nin uns nin outros están pola labor de utilizar a parte ancha para a cidadanía. É a concienciación, o esforzo e a solidariedade de vostede, da súa veciña, e de tantas e tantas outras persoas anónimas individuais ou participantes de múltiples entidades da sociedade civil catalizadas a través da rede creada por Aefat e Aspanemi, as que tapón a tapón o están a conseguir. A diario ten recursos na súa man para millorar o benestar doutras persoas, siga así, dándolles proveito.

RECURSOS