A MEDIDA DA GRAN PATRONAL

OGoberno recoñece que as novas medidas de axuste non van xerar emprego no inmediato. Entón ¿por que as toma? A experiencia dos últimos anos, con medidas semellantes, e o que acontece en Grecia demostran que afondan a recesión e destrúen máis emprego asalariado, mesmo prexudican a autónomos e pequenos empresarios. Entón ¿por que as tomn? Non se pode pensar que por ignorancia ou porque non existan outras solucións. Todo indica que é por razóns máis sinxelas; son medidas que favorecen aos grandes grupos económicos e dan pulo aos altos salarios dos executivos.

Evidentemente nalgún momento a situación reverterase, mais deixando polo camiño un enorme aumento da pobreza e un gran retroceso nas condicións laborais. Unha sociedade máis inxusta, dual e estratificada, nun Estado con maiores desigualdades no desenvolvemento, demografía, e poder político.

A reforma laboral súmase ten ademais outra pata no acordo de CCOO e UGT coa CEOE, que rebaixa os salarios no sector privado. A reforma retalla as indemnizacións por despedimento e o facilita, amplía o “descolgue” dos convenios, permite a redución de salarios cando as empresas aleguen perdas. É unha reforma feita a medida da patronal, para rebaixar salarios e concentrar a riqueza. Unha reforma que se engade ao retallo dos salarios e condicións laborais dos empregados públicos, da rebaixa e endurecemento das pensións, a menores prestacións e servizos básicos. Terían que pensar sobre o que está acontecendo aqueles que esquecen as loitas para conseguir estas conquistas que se están a perder con tanta rapidez.

A MEDIDA DA GRAN PATRONAL

Te puede interesar