MACHISMO

|

A cotío estamos a coñecer algún novo caso da execrable violencia machista, co resultado da morte dunha outra muller asasinada pola súa parella ou ex-parella, sucesos que teñen á sociedade bastante sensibilizada e suscitan a repulsa xeral de todas as persoas de ben. Mais hai outro xeito de machismo non tan coñecido, que sofren aquelas mulleres que, dalgún xeito,  salientan en actividades nas que sempre dominaron os homes. Concretamente en Ferrol, estamos a asistir a unha implacable persecución á que están sometidas dúas mulleres de senllos partidos políticos de esquerdas, a través dalgúns medios de comunicación, por parte de certos personaxes que o único que demostran é a súa baixeza moral e unha tremenda ruindade. O que me estraña é a falta de resposta desde a esquerda política a eses ataques.  Para eses individuos o meu absoluto desprezo. Para elas, o meu apoio sincero. Ánimo e adiante e lembrade que se “Ladran os cans” é porque “cabalgades”. Por suposto.

MACHISMO