OUTRA DE F´ÚTBOL

Sorpresa maiúscula a que deberon levar os devotos de Podemos cando souberon do fulminante cese do seu secretario de Organización decretado polo secretario xeral Pablo Iglesias. Paréceme evidente que a súa aparición obrigou a moitas e moitos profesionais da política a cuestionarse determinadas cousas e iso é preciso recoñecerllo. Mais aí acabou a historia. Sempre me soou a tomadura de pelo o sistema de votación cibernética para elixir aquí e acolá. Logo, os nomes dos candidatos acababan por saír do sombreiro do prestidixitador. Dígoo en base á miña, non pouca, experiencia en funcionamentos asemblearios, tanto profesionais como políticos. Das xustificativas declaracións de parte da dirixencia, parece deducirse que a decisión foi unipersoal e non, como parecería lóxico, dalgún órgano de dirección. As alusións do deputado Mayoral á actuación de Iglesias como “‘entrenador’ encargado de gestionar su ‘equipo’ de confianza, la Ejecutiva” lévannos a esa convicción. No entanto, o persoal de que equipo será? Do de Íñigo ou do de Pablo Manuel?
 

OUTRA DE F´ÚTBOL

Te puede interesar