REHABILITAR

Semella que a rehabilitación de edificios entra agora nunha boa dinámica, pois case todos os partidos participantes nas eleccións do noso Concello levaban nos seus programas este aspecto do urbanismo cidadán. Imos ver agora se as promesas se cumpren, a lo menos na medida en que a situación económica o permita, despois de renunciar a grandes obras menos importantes que ofrecer aos ferroláns a posibilidade de vivir nunha casa axeitada aos tempos que corren. Hai que agradecer, de momento, a intención dos candidatos de Ferrol en Común, PSOE e BNG, de emprender a rehabilitación dos barrios, tarefa na que estarán apoiados tamén polo PP, logo da súa tardía intención de rehabilitar o vello Esteiro. Porque despois desa declaración, non sería normal que non apoiasen a rehabilitación en Ferrol Vello,  Recimil,  Canido ou calquera outra iniciativa dese tipo. Aínda que co PP, especialista en romper os seus propios acordos, nunca se sabe. Paréceme a min, claro.

 

REHABILITAR

Te puede interesar