BARCOS, PAN, VIDA

O domingo, 30 de marzo, temos outra cita de razón e loita na barricada feraz que a cidadanía traballadora ergue nas rúas, en Ferrol ou Madrid, cando a prepotencia  dun goberno enfeudado á troika esborralla as condicións de vida da xente do común. Feijóo-Rajoy queren esnaquizar o naval público, entre mentiras e incumprimentos, porque non se entende que se neguen a construír de inmediato o dique flotante, que non  acheguen nova carga de traballo suficiente (gaseiros, embarcación militar, nova fragata, novos encargos…) e que cando restan nove meses para o levantamento do veto en Astano non contemplen investir un peso para dotar con novos investimentos e plantilla a este estaleiro. E no entanto, só na industria auxiliar perdéronse uns 3.500 postos de traballo, multiplicados na vida social da comarca. Con ese balanzo dos danos, as negativas do PP, os retrasos, as mentiras, son os síntomas da súa política contra o naval público de Ferrolterra. Ás rúas a por barcos, pan e vida.

 

BARCOS, PAN, VIDA

Te puede interesar