Reflexións postelectorais

semana pasada estiven en Lisboa na celebración da Revolução dos cravos. Alí percibíase a preocupación polo surximento da extrema dereita en España e mesmo se vía algún cartaz coa cara do líder de Vox riscada. Lástima que aquí non se vexa o perigo desta formación política e se lle dea entrada no Parlamento. O feito de que en Galicia non obtivese ningún escaño é moi positivo, mais cómpre facer unha lectura máis profunda e non esquecer que eses votos na nosa Comunidade foron e son recollidos polo PP. Agora só cabe esperar que Pedro Sánchez saiba xestionar a vitoria facendo os pactos adecuados ou recadando só o apoio para a súa investidura. As súas bases xa lle deixaron claro antonte, ás portas de Ferraz, que non queren unha unión con Ciudadanos. Talvez o mellor for un goberno á portuguesa.
Por outro lado, a subida dos nacionalismos en Cataluña e País Vasco, e a non representación da dereita española, reflicte que non recoñecer a plurinacionalidade do Estado español ten consecuencias. Que pasa co nacionalismo galego?
 

Reflexións postelectorais

Te puede interesar