NADA

|

C omo non hai tanto tempo disto, moita xente, nomeadamente a familiarizada co fútbol, lembrará o cualificativo de triatleta que se lle dera a Robinho, un mozo brasileiro que fichara o Real Madrid: corre, fai bicicleta e... nada. Os dicionarios ó que máis ou menos vén sendo ou significando falta de ánimo e/ou disposición para facer unha cousa, quere dicir non facer nada, recólleno so a voz vagancia. O que non ten que supor necesariamente que quen non faga nada sexa alguén que non guste nin do traballo nin de calquera actividade de esforzo, isto é, un langrán, un lacazán, un badanas, un larchán... Se pode ser moi traballador e moi voluntarioso e faltar aptitude e/ou coñecementos para desempeñar cargos, para pensar e executar accións, definicións de ineptitude. Volve aparecer a nada. E nada é –nin sequera negativo, porque non é nada– o que en máis de ano e medio leva feito o actual goberno municipal. ¿Será vagancia? ¿Será ineptitude? O tremendo sería que fosen as dúas cousas á vez.

 

NADA