Lomce fóra

|

Antonte, cando me desprazaba cara á praza de España, ía intrigado por cal sería a resposta do estudantado á xornada de protesta contra a Lomce, despois da política de desmobilización e abandono das rúas predicada e practicada por Podemos. Como se as reivindicacións sociais tivesen amaño nas redes sociais e os platós. Confeso que levei unha moi grata sorpresa cando cheguei e vin a cantidade de xente moza disposta a manifestarse contra unha lei educativa tan discriminatoria para a maioría do pobo como a que o PP redactou, aprobou e comezou a implantar. A maior parte das pancartas e slogans que fomos escoitando ata chegar ao Cantón facían fincapé nas reválidas, tema de preocupación polo descoñecemento, a estas alturas!, de como van ser. Normal. Mais son dos que pensan que ese tema é dos menos preocupantes e que só a súa eliminación non solucionaría nada. De feito Rajoy xa falou onte diso. É unha lei clasista e discriminatoria que compre retirar. Léana e verán o que agacha a letra pequena. Din que hai maioría para iso. Será certo?

Lomce fóra