Un novo país

O vello país da corrupción bipartidista, dos incesantes recortes e privatizacións, da resignación e o medo esborrállase a medida que as mulleres e os homes do común, a cidadanía traballadora,  imos transformando a indignación e as loitas nunha nova forza colectiva social e política. Esa forza  estase a articular sobre unha pluralidade crítica e un programa radical atravesado dos valores éticos para se abrir paso entre a maioría social. Esquerda Unida achega outra vez o seu contributo a esa tarefa coa seu “Encontro para un novo país”: espazo  aberto para reunírmonos  no debate e a reflexión sobre un proxecto alternativo de país, para transformar enchendo de democracia e participación  os concellos, onde as persoas poidamos vivir e traballar con dereitos e benestar nunha terra sustentable, afincada nas raiceiras do decrecemento e o desenvolvemento autocentrado; vivir no país dos mil ríos de Cunqueiro a fortuna difícil e fráxil dunha lingua e cultura universais. País novo que queremos que abrolle nunha multitudinaria primavera republicana.

 

Un novo país

Te puede interesar