apolémica suscitada pola exhumación dos restos de Franco é a mellor proba de que existe unha urxente necesidade de levala a cabo. É inconcibible que aínda existan organizacións e partidos políticos contrarios ao traslado. Sería bo que atendesen ao estupor e incomprensión que o asunto causa fóra das nosas fronteiras. Esa mirada cara a Europa que tanto reclamaba o PP para todos os temas. En España, á parte do anterior, tamén urxe reformar determinados textos legais e modificar costumes para poder avanzar. Que país civilizado pode permitirse unha Constitución na que o home está por diante da muller na sucesión monárquica -sen falarmos do anacronismo da existencia de tal institución- ou ser aconfesional só no papel. Velaí os funerais de Estado. Sen liberarnos deses lastres cara a onde pretendemos ir? Temos tan interiorizadas certas cousas que escoitamos a cotío, de boca de persoas non crentes, expresións do tipo “gracias a Dios” ou “si Dios quiere” e vemos cruces católicas en esquelas pagadas por todos os cidadáns. Eis o caso da dedicada hai uns días polo Concello de Ferrol a un ex-alcalde.