Cada catro anos aparece nas pantallas televisivas o consabido penalti córner, unha especie de lance deportivo do hóquei, que se converte en expresión insignia das transmisións. Até o seguinte ciclo olímpico non se volve a saber máis desa actividade. Outro misterio das ondas é o torneo de tenis WTA de Montreal, que segundo a súa presenza en Teledeporte debe de durar un mes. Hai que supoñer que os deportes nos que se emprega un balón son os que máis gustan a audiencia, dada a cobertura que lles está dando TVE, deixando a outras actividades relegadas a un breve resumo. É que algúns deportes son cansinos e as ocasións olímpicas son o momento de dar a coñercer outras actividades, pero veña que veña con Rafa Nadal, mentres o atletismo pasa de largo. Haberá que renunciar ao deporte televisado até que os bateis entren en acción e se encadren no COI, porque a chave non ten moito futuro, de momento, aínda que cunha boa planificación desde a Xunta o máis probable é que entre no palmarés e bata audiencias en territorio galaico.