Europeos

Cantos encoros non encherían as bágoas verquidas polos nosos emigrantes escoitando, na radio, na televisión, no tocadiscos, no CD, nun baile con orquestra ou co conxunto músico-vocal de turno ou nunha actuación en directo de Manolo Escobar a letra do pasodoble “Mujeres y vino”: “Viva el vino y las mujeres / y las rosas que calienta nuestro sol. / Viva el vino y las mujeres / que por algo son regalos del Señor. / Y vivan / los cuatro puntos cardinales de mi patria. / Que vivan los cuatro juntos. / Que forman nuestra bandera / y el escudo de mi España”, gravado, vai para 50 anos. Se cadra, polos emigrantes españois en Holanda, o señor Dijsselbloen tivo coñecemento da canción e, erroneamente, concluiu que os europeos do sul pasan o día vitoreando o viño e as mulleres e dixo o que dixo. Houbo quen se indignou moito, mais tamén quen, como o señor de Guindos, se conformou con manifestar que lle parecían unhas declaracións desafortunadas ou quen, como Rajoy calou. Por se lle lembraban o seu célebre ¡Viva el vino!? Cada día me anoxa máis a UE.

Europeos

Te puede interesar