Galeón bipartidista

|

Valeulle de pouco a Feijóo  o anuncio electoral do corte de chapa en Navantia.  O PP perde 200.000 votantes, máis de 4.000 en Ferrol, sufrindo unha derrota que deixa sen lexitimidade a Feijóo para continuar a recortar, privatizar e deixar na impunidade aos corruptos, o que viñan facendo. O pobo castigou un bipartidismo que non ten outra receita que cargar no noso lombo os  grosos beneficios de banqueiros e grandes empresarios. O pobo derrotou  as políticas austericidas virando o rumbo cara á esquerda alternativa e rupturista. O vello galeón bipartidista cargado do ouro roubado cos recortes, privatizacións e mil corrupcicóns, ten unha boca de auga que ameaza afundilo. Depende de nós, de como acheguemos unidade nas mil loitas compartidas onde nos atopamos, polo ensino, a sanidade, a dependencia, o aborto, a xustiza que queren levar de Ferrol, a carga de traballo para o naval… nas gradas desas loitas ármase a nave da ruptura democrática.

 

Galeón bipartidista