Axulgar por varios indicios, é natural preguntarse por que a dereita deste país amosa un grande rexeitamento da Memoria Histórica. Lembremos a decisión do sr. Rajoy: “para a memoria Histórica ni un euro” ; e recentemente, aproveitando un cambio de goberno municipal, desmontáronse nun pobiño as placas que recordaban os nomes dos asasinados polo franquismo. Coido que non serve a xustificación que se pretende, cando se di que na guerra cometérense barbaridades polas dúas partes. Porque hai un arrepiante número de mortos, asasinados despois da fin da guerra, sen máis motivo que un odio visceral, que aínda subxace nos negros corazóns dos que dan golpes de peito e comungan asiduamente. Mais que se saiba, non se retiran as placas cos nomes dos caídos nacionalistas. Para que, pois a maioría deles habería que anotalos como víctimas dos golpistas; como é o caso de José Antonio, que caeu porque era un perigo para o franquismo. Digo eu, claro, pero se cadra estou nun erro...