14 de abril

|

É esta unha das datas que, desde hai ben anos, figura no meu calendario de efemérides ocupando un lugar preferente. E como data sinalada que é, cada ano celébroa adecuadamente, xa participando nalgún tipo de acto público, xa na casa escoitando o Himno de Riego e relendo Machado, os “Recuerdos. El 14 de abril de 1931 en Segovia”, por exemplo: “Era un hermoso día de sol. Con las primeras hojas de los chopos y las últimas flores de los almendros llegaba, al fin, la segunda y gloriosa República española. [...] Fue un día profundamente alegre –muchos que éramos viejos no recordábamos otro más alegre–, un día maravilloso en que la naturaleza y la historia parecían fundirse para vibrar juntas en el alma de los poetas y en los labios de los niños”.
Hoxe pode ser tamén un fermoso día de sol, no que, ademais de recordar –que sempre é necesario–, poidamos manifestar o noso compromiso republicano e soñar con conseguirmos a terceira. A por ela, pois.

14 de abril