Fraude

|

Hai tempo que teño metida nos miolos a idea de que, a Unión Europea é unha descarada fraude para os cidadáns en xeral, pois non hai unha lexislación única de obrigado cumprimento para todos os Estados membros, ou se a hai, non se cumpre dun xeito xusto e igualitario. Na nosa ría temos un exemplo da ineficacia comunitaria: un caso que cheira que fede, relacionado coa planta de gas de Reganosa, que incumpre as normativas ambientais  e de seguridade; que ten en contra unha sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza; que conta cun informe moi negativo dunha comisión enviada polo Parlamento Europeo e que, malia todo iso, parece que non segue adiante na súa tramitación, freado pola maioría parlamentaria do PP europeo. Xa que logo, atopámonos nunha situación peor que antes da entrada nese ámbito comunitario, pois acadar a nivel europeo unha maioría parlamentaria de esquerdas non parece doado a corto nin a medio prazo. Segundo o vexo eu, claro.  

 

Fraude