Gramática

Hai cousas que non deberían cambiar, mais cambian a toda velocidade, mentres outras, como a política, que deberían mudar non o fan. Na Gramática e por mor do feminismo, parece obrigado, tanto na fala como na escrita, referirse aos dous xéneros feminino e masculino, cando de colectivos se fala, desprezando ao xénero común que vale para os dous, segundo nos aprenderon de pequenos na escola. Así, oímos e lemos: traballadores e traballadoras, empregados e empregadas e, unha restra de substantivos ou adxectivos duplicados, que non precisan aclaración pois o xénero común e suficiente para nomealas. Coido que é un invento para contentar ás mulleres e facerlles esquecer as inxustizas que con elas se cometen a cotío, mais a maioría non “tragan” e seguen a reclamar medidas políticas, laborais, xudiciais e de todo tipo e pasan de trapalladas, como aquela de “miembros y miembras”. É como se os homes reclamaran o uso de “personas y personos”. Ridículo, non é? Pois iso.     
 

Gramática

Te puede interesar