A HISTORIA INTERMINABLE

Seguen os operarios do naval manifestándose polas rúas en demanda de contratos que poidan poñer freo ó goteo de despedimentos que se veñen producindo nas empresas auxiliares desde nin se sabe cando e que seguirán de non mudar a situación. O dos floteis é unha auténtica vergoña –por dicilo dun xeito suave– xa que o que viña sendo un contrato totalmente pechado, a falta de catro flocos para empezar a traballar resulta que parece que non é tan así. De feito vai un ano andado e de cortar chapa na primavera, como anunciaba altiva e despreciativamente o ministro Montoro, nadiña de nada.
Agora todo apunta a que haberá que agardar a finais de novembro para saber definitivamente o que hai. E mentres tanto seguir con todo tipo de mobilizacións que sigan visualizando o problema nas rúas e mantendo erguida a moral do persoal, porque non é doado aguantar tantos meses de enganos e incertidumes.

 

A HISTORIA INTERMINABLE

Te puede interesar